HomesociedadeQue pasa coas mamografías no Hospital de Monforte?

Que pasa coas mamografías no Hospital de Monforte?

A CIG Saúde alerta de que o mamógrafo do Hospital monfortino leva estropeado desde decembro e piden o cese inmediato da campaña da Xunta polo risco de erro no diagnóstico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informa a CIG Saúde, o mamógrafo do hospital leva estropeado dende o mes de decembro porque o densitómetro, o aparato que mide a densidade mamaria, non funciona, “polo que non se deberían facer mamografías con este aparato, ata que o arranxen ou merquen un novo”.

Sinalan que se o densiómentro mide mal poden pasar dúas cousas: a calidade da mamografía é moi baixa e pode dar lugar a erros no diagnóstico ou debido á mala calidade das mamografías moitas veces hai que repetilas coa molestia que supón para a paciente máis as doses extra de radiación que reciben.

O sindicato insiste na gravidade da situacón, “hai informes por parte do técnico dende o mes de xuño de 2024 informando de que habería que arranxalo, ante a falta de solucións, en decembro os radiólogos de Monforte decidiron que non se fixeran máis mamografías, nese aparato, pero o grave do asunto é que a campaña da Xunta si se segue a facer”.

Explican que as mamografías a petición dalgunha xinecóloga de Monforte, xa se mandan facer a Lugo, pero consideran grave que a campaña da Xunta continúe, cando teñen os informes sobre a situación.

Piden, polo tanto, o cese inmediato da campaña da Xunta, ante o risco de erro no diágnostico e pola exposición innecesaria de radiación ionizante cando hai que repetir mamografías pola baixa calidade. Demandan tamén con urxencia, un novo mamógrafo para poder seguir coa campaña da Xunta en condicións e para que as mulleres de Monforte non se teñan que desprazar a Lugo.

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...