Homesociedade82.500 persoas viaxaron no bus urbano de Monforte durante o pasado ano

82.500 persoas viaxaron no bus urbano de Monforte durante o pasado ano

O Bus urbano municipal que comezou o seu servizo no Concello de Monforte o 1 de febreiro de 2020 é un caso único en Galicia e practicamente en toda España xa que, ademais de contar cun vehículo novo, moderno, adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade, e accesible a todos os cidadáns, o servizo destaca por ser de carácter gratuíto para todos os seus usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2024 utilizaron o Autobús urbano de Monforte 82.580 usuarios, cunha media mensual que supera as 6.800 persoas. Son 29.895 usuarios máis que en 2021 (52.685 usuarios, un 56,75% máis),  son 18.756usuarios máis que en 2022 (63.824 usuarios, un 29,38% máis), e son 13.923 usuarios máis que en 2023 (68.657usuarios, un 20,27% máis), “o que significa todo un éxito para este servizo de trasporte público municipal dende que comezou a funcionar cun novo vehículo municipal e de xeito gratuíto en febreiro de 2020”, explica o alcalde, José Tomé. Así dee 2019 a 2024, incrementáron os usuarios en 68.158 persoas, un 472% máis”.

Desglose de usuarios en 2024

Segundo datos facilitados pola empresa concesionaria do servizo, por meses, o número de usuarios en 2024 foi o seguinte:

MesNúmero de viaxeiros 2023Número de viaxeiros 2024
Xaneiro5.4805.663
Febreiro5.3184.812
Marzo6.5916.564
Abril4.3267.809
Maio6.1987.841
Xuño5.9296.444
Xullo5.1526.415
Agosto5.8145.882
Setembro6.4807.512
Outubro6.6268.519
Novembro5.8868.050
Decembro4.8577.069
Total68.65782.580

Comparativamente, de xaneiro a marzo de 2024 con respecto ós mesmos meses de 2023, as cifras son similares, pero de abril a decembro, os incrementos en 2024 prodúcense en todos os meses dese período. E cabe destacar cifras nunca alcanzadas de máis de 8.000 usuarios por mes, que se deron nos meses de novembro (8.050 usuarios) e de outubro (8.519 usuarios), que foi o mes que máis usuarios tivo en 2024 e na historia do servizo.

O fomento do transporte público forma parte esencial das políticas sociais do Executivo de José Tomé, pois nos seus orzamentos mantén ano a ano as axudas destinadas ó bus para estudantes universitarios e de ciclos formativos que para este ano 2025 alcanzan os 25.000€ e que serven para axudar a sufragar os gastos das viaxes dos  estudantes monfortinos fora da cidade. E do mesmo xeito, a partida do servizo de buses escolares, que dan servizo ó alumnado do Colexio Novo e o Colexio de A Gándara, aínda que non sexa obrigatorio dar este servizo por parte do Concello, segue sendo de 25.000€ ó ano.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...