HomesociedadeTodos ao tren para ver Papá Noel!

Todos ao tren para ver Papá Noel!

Os clientes dos establecementos asociacios ao Centro Comercial Urbano de Monforte poderán visitar Papá Noel en tren presentando os seus tickets de compra.

Publicado o

- Advertisement -

Esta acción volve un ano máis á cidade do Cabe, segundo palabras do seu xerente Ángel Folgueira, “por petición popular”. A xente quedou moi contenta o pasado ano, os nenos/as pásano moi ben co percorrido e posterior visita a un dos protagonistas do Nadal e ao mesmo tempo dinamizamos o comercio local, engade Folgueira.

Cada ticket de compra, válidos desde o 15 de decembro, dará acceso a unha viaxe para un adulto acompañado como máximo de dous nenos/as. Terase en conta para completar os vagóns a orde de chegada e só poderán acceder adultos sen nenos cando algunha das viaxes non se complete.

A localización de Papá Noel durante os días que dura a promoción, 22, 23 e 24 de decembro, as rutas e os horarios están publicados na páxina web do Centro Comercial urbano.

Localización de Papá Noel e horarios

DOMINGO 23 de decembro:

– Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Avda. de Galicia (zona gasolineira-xulgados)

– Tarde: de 16.30 a 18.30h estará na Praza Doutor Goyanes

LUNS 24 de decembro:

– Mañá: de 11.30h a 13.30h estará nos Chaos

– Tarde: de 16.15h a 18.15h estará na Rúa Cardenal (zona Banco Pastor)

Tren estacionado na Praza España / XdL

Rutas para a visita a Papá Noel con saída e chegada na Praza España

DOMINGO 23 de decembro

– Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas para visitar a Papá Noel na Avda. de Galicia (zona gasolineira-xulgados)

– Tarde: saídas ás 16.00h, 17.00h e 18.00h (rutas para visitar a Papá Noel na Praza Doutor Goyanes)

LUNS 24 de decembro

– Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas para visitar a Papá Noel nos Chaos)

– Tarde: saídas ás 16.30h e 17.30h (rutas para visitar a Papá Noel na Rúa Cardenal)

Ángel Folgueira lémbranos tamén que do 6 de decembro ao 6 de xaneiro, os establecementos asociacios ao CCU Monforte participan na campaña provincial de dinamización do comercio local “Nadal Merca e Gaña” coa que os clientes participarán no sorteo de 10.000 euros en tarxetas agasallo de 200 a 300 euros.

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...