Homesociedade30.000€ na mellora da sinalización dos recursos turísticos de Quiroga

30.000€ na mellora da sinalización dos recursos turísticos de Quiroga

Contando cunha axuda orzamentaria de 30.000€ da Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Quiroga, a través das áreas de Cultura e Turismo, vén de realizar diversas melloras na sinalización e interpretación dos recursos turísticos do municipio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maioría da inversión centrouse no cambio dos paneis explicativos colocados en puntos destacados, como o Túnel de Montefurado, o Castelo dos Novais e en varios miradoiros. En Montefurado e o Castelo colocáronse ademais paneis con recomendacións para a visita destes espazos.

O Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga conta tamén con novos paneis, o primeiro situado en Albaredos, inicio da ruta Xacobea dentro do noso municipio. A ponte do Castelo, acondicionada no ano 2023, e outro dos lugares que conta agora cun panel explicativo no que se fai referencia ao posible paso por esta ponte do Mariscal Soult coas tropas napoleónicas en retirada durante a Guerra da Independencia.

Sinalizouse o acceso á entrada e á saída do Túnel Romano de Montefurado e colocáronse dous paneis na Ermida, un facendo referencia ao templo e o outro á romaría que se celebra neste lugar na honra á Virxe dos Remedios e que conta coas emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas.

Os miradoiros de Castro Dares, Montefurado, Os Anguierios, Augas Mestas e A Golada (A Seara) contan con esta nova sinalización adaptada ao manual de sinalización da Xunta de Galicia en canto a dimensións e contido. As lendas dos paneis están en tres idiomas: castelán, galego e inglés. Ademais de novos paneis, no miradoiro de Campodola mellorouse a accesibilidade, salvando parte do chanzo existente cunha rampla. Esta obra acometeuse con cargo ás arcas municipais.

Sinalización recursos turísticos Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...