HomesociedadeQuiroga conta con nova maquinaria manual para a limpeza e roza en...

Quiroga conta con nova maquinaria manual para a limpeza e roza en pistas municipais

O Concello de Quiroga incorporou nova maquinaria manual para a limpeza e roza en pistas municipais e contornas de núcleos, grazas á colaboración de área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase de catro rozadoiras e unha motoserra, que se porá a disposición do persoal encargado de levar a cabo estas tarefas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

.A deputada Iria Castro achegouse a Quiroga para a entrega do material, que supuxo un investimento de 7.000 euros por parte da institución provincial e que facilitará o desenvolvemento dun traballo fundamental para manter en boas condicións de uso as infraestruturas municipais.

No acto, en que participaron o alcalde José Luis Rivera e responsables do goberno local, púxose de manifesto a importancia destas ferramentas para o acondicionamento de camiños rurais e veciñais, para diferentes usos forestais e de xardinaría municipais así como para a limpeza e mantemento das rutas de sendeirismo coas que conta o concello.

Esta adquisición renova os recursos materiais e contribùe tamèn a facilitar a actividade agrogandeira, forestal, vitinìcola e olivareira do concello.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...