HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela coñeceu como evolucionan as palabras segundo o...

Alumnado do IES A Pinguela coñeceu como evolucionan as palabras segundo o contexto e co paso do tempo

Foi o pasado 10 de febreiro da man de Mª Eugenia Conde Noguerol, profesora de Lengua Española da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A profesora de lengua española Mª Eugenia Conde Noguerol (Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña) vén de impartir ao alumnado de 1º de Bacharelato unha práctica e moi interesante conferencia sobre “Los corpus lingüísticos: el secreto para entender el uso real de la lengua”.

Neste obradoiro afondou no fascinante mundo dos corpus lingüísticos para descubrir como se comportan as palabras en contextos reais e ao longo do tempo. Comentou tamén que ao analizar grandes conxuntos de datos textuais, denominados corpus, podemos observar o uso auténtico da lingua en diferentes ámbitos: dende as conversas cotiás ata o seu emprego nos medios de comunicación.

Alumnado presente na charla e sesión práctica. Foto: IES A Pinguela.
VER A LINGUA EN ACCIÓN, ALÉN DO QUE APARECE NOS DICCIONARIOS

O obxectivo deste obradoiro foi amosarlle ao alumnado como o corpus permite ver a lingua en acción, alén do que aparece nos dicionarios ou regras gramaticais. Conde Noguerol explorou como as palabras comúns cambian de significado segundo o contexto, como xorden novas expresións e o que podemos aprender dos patróns léxicos e gramaticais da fala real.

Empregando ferramentas dixitais sinxelas, sobre todo da Real Academia Española, e exemplos prácticos, a relatora analizou co alumnado con detalle algunhas palabras, observando o seu uso. Ao remate do obradoiro, os participantes puideron aplicar estas ferramentas para explorar o comportamento das palabras que lles interesaron, máis abertos a considerar este método científico como unha posibilidade para o estudo da lingua.

Dende a dirección do IES A Pinguela calificaron de moi atractiva e interesante para o alumnado esta sesión divulgativa e como detalle importante do currículo de Mª Eugenia Conde Noguerol, comentan que “traballou na RAE e impartiu clases de Español en Etiopía e Malaisia. O seu traballo de investigación trata precisamente sobre os corpus lingüísticos, esenciais actualmente tamén para a intelixencia artificial”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...