HomesociedadeRenfe cede ao Museo do Ferrocarril de Galicia unha locomotora histórica 

Renfe cede ao Museo do Ferrocarril de Galicia unha locomotora histórica 

Trátase dun tractor ferroviario de maniobras que terá actividade realizando tarefas especializadas na rede viaria interior do MUFERGA.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

RENFE vén de ceder unha peza ferroviaria histórica este xoves 13 de febreiro ao Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA), en Monforte de Lemos. Trátase dun tractor de manobras que se atopaba apartado nos talleres de Enxeñería e Mantemento de Ourense e que, dende hoxe, volverá estar operativo.

Este tipo de tractores foron construídos a principio dos anos sesenta para efectuar servizos de movemento de material en estacións e depósitos ferroviarios. A cesión desta máquina supón que volva ter actividade realizando tarefas especializadas na rede viaria interior do MUFERGA.

Tractor de manobras histórico cedido. Foto: Prensa RENFE.

Con esta doazón, din dende RENFE, “preténdese achegar á cidadanía a preservación e restauración dun material ferroviario histórico que se poderá visitar, unha vez finalizado o seu traslado, no Museo do Ferrocarril de Galicia da localidade monfortina”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...