HomesociedadeO programa 'Coñece a túa provincia' esgota as prazas da última convocatoria...

O programa ‘Coñece a túa provincia’ esgota as prazas da última convocatoria en 14 minutos

Vense de aprobar a listaxe de entidades que participarán este ano en Xunta de Goberno, e en breve publicarase no BOP. Hai 132 entidades que entran e 201 que quedarán en lista de agarda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres 14 de febreiro a listaxe de entidades admitidas na quinta edición do programa Coñece a túa provincia. Así o informou a Voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, que sinalou que este programa de viaxes gratuítas destinado a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo “está a ser un éxito rotundo”.

“as prazas esgotáronse en só 14 minutos”

“Desde que arrancou a iniciativa, no 2021, xa viaxaron pola provincia preto de 10.000 persoas, de 438 colectivos, e ten xerado un retorno económico de máis de  600.000 €”, destacou García Porto. Subliñou que por quinto ano consecutivo quedan completas as prazas dispoñibles, sendo beneficiarias 132 asociacións, e quedando na listaxe de agarda 201 entidades. Foi tal a rapidez de rexistro de solicitudes dende que empezou a contar o prazo, comentou tamén a deputada, que “as prazas esgotáronse en só 14 minutos”. A quinta convocatoria do programa Coñece a túa provincia ofrecerá un total de 3.036 prazas.
 
En relación ás solicitudes, publicaranse as listaxes de admitidas, en agarda ou non admitidas, no Boletín Oficial da Provincia nos vindeiros días. A Deputada de Turismo valorou que “este é un programa que puxemos en marcha dende a Deputación de Lugo para fomentar o coñecemento da nosa riqueza patrimonial entre os propios veciños e veciñas da provincia e, ao mesmo tempo, para incentivar o turismo de proximidade e apoiar ós sectores hostaleiro, turístico e comercial”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...