HomesociedadeEstudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

O Pazo de San Marcos foi o pasado mércores unha das sedes da fase galega da XV Olimpiada de Xeoloxía, un certame dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato que pretende fomentar o interese polos contidos desta materia e do conxunto das Ciencias da Terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da Fonsagrada, IES Río Cabe e IES A Pinguela de Monforte) e Ourense (IES O Ribeiro, IES Otero Pedrayo, IES Lagoa de Antela e IES de Trives) participaron nas probas que se celebraron no Salón de Actos e na contorna da Praza de San Marcos o pasado mércores 12 de febreiro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro entregou os premios do certame no que destacou o alumnado do IES A Pinguela. Tres estudantes do instituto monfortino acadaron os tres primeiros premios: Uxía Pumpkin Trail Bates (1ª), Adrián Rodríguez Pacio (2º) e Ángel Seijas (3º).

Dende a dirección do IES A Pinguela amosaron o seu orgullo polos resultados, que, segundo comentaron, “non puideron ser máis satisfactorios:  mellor grupo, 1º premio
individual (Uxía Trail), 2º premio individual (Adrián R. Pacio) e 3º premio individual (Ángel Seijas)
“. No caso concreto de Uxía Trail Bates, de 2º BAC, comentar que esta alumna será unha das representantes de Galicia na fase nacional da Olimpiada que se desenvolverá o 5 de abril en Lleida.

Uxía Pumpkin Trail Bates (1ª), Ángel Seijas (3º), Adrián Rodríguez Pacio (2º) e Brais Migúelez Cendón, do IES O  Ribeiro, (accesit). Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Pazo de San Marcos foi a sede lucense da fase galega, tendo en conta que esta Olimpiada de Xeoloxía contou con probas tamén na Escola de Minas da Universidade de Vigo, na Facultade de Bioloxía da USC, en Compostela, e no Xeoparque de Cabo Ortegal, que reuniron máis de 250 participantes.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...