HomesociedadeA AV do Saviñao demanda medidas para mellorar a xestión do lixo...

A AV do Saviñao demanda medidas para mellorar a xestión do lixo no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía coa intención de transmitir as peticións veciñais en relación coa xestión do lixo no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A AV asegura ter recibido queixas e peticións veciñais relacionadas coas carencias na xestión do lixo no territorio municipal e reclaman:

  • Maior frecuencia na recollida de lixo nas parroquias nos meses estivais, xullo e agosto, dada a acumulación nesas datas do lixo que rebosa dos contedores. Dado o marcado incremento da poboación nesas datas solicítase o reforzo no servizo de recollida nese periodo.
  • Reposición permanente dos contedores deteriorados dada a grande cantidade deles que así o demandan por aparentar rotos, sen rodas ou sen tapa.
  • Solicitar a limpeza periódica do interior dos contedores para evitar os cheiros e lixiviados resultantes da basura acumulada.
  • Pregúntase porque se a recollida de lixo é selectiva nos contedores, posteriormente, nos camións que a trasportarán, mestúranse todos a excepción do vidro. Non ten sentido unha recollida selectiva nos domicilios se despois vai ir toda mesturada á planta tratamento.
  • A propósito do suceso do incendio en agosto do pasado no “falso punto limpo“ do antigo mercado gandeiro, solicítase a creación dun Punto Limpo oficial que estea aberto a diario, ó menos media xornada matinal, e onde se clasifiquen e separen os distintos verquidos (de obra, mobiliario, electrodomésticos, etc. ).
  • Dado que a cuberta do vello mercado gandeiro é de uralita, considerada canceríxena sobre todo se arde, é urxente a substitución da totalidade da cuberta deste recinto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...