Homesociedade57.000€ para ampliar as aulas de infantil e a cuberta do patio...

57.000€ para ampliar as aulas de infantil e a cuberta do patio do Frei Luis de Granada de Sarria

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destinou 51.700 euros a estas actuacións para "proporcionar maior comodidade aos nenos e nenas na clase e favorecer o uso do patio mesmo en días de chuvia", afirmou Javier Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores o resultado das últimas obras realizadas no CEIP Frei Luis de Granada, en Sarria, que serviron para ampliar as aulas de Educación Infantil e a zona cuberta do patio, entre outras melloras na área de administración.

Arias lembrou que o Goberno galego acometeu tamén a rehabilitación integral do centro para reforzar a súa estrutura e mellorar a eficiencia enerxética. Investíronse máis de 1,6 millóns de euros en renovar as instalacións e conseguir un aforro de enerxía do 15% ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Consellería.

O delegado destacou o éxito deste plan, iniciado en 2021 co fin de adaptar os centros educativos ás novas necesidades do ensino público, e que prevé executar preto de 200 intervencións no período 2025-2028 cun orzamento inicial de máis de 210 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...