HomesociedadeFolgoso do Courel demandará da Deputación o proxecto para a Residencia da...

Folgoso do Courel demandará da Deputación o proxecto para a Residencia da Terceira Idade

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, defenderá no pleno deste venres, 28 de febreiro, que a Deputación de Lugo presente “dunha vez por todas” o proxecto da residencia da terceira idade para o municipio “actualizándoo á nova realidade do municipio”. O convenio inicial asinouse no ano 2018 prorrogándose en dúas ocasións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No ano 2015 comezaron as conversas para a creación do convenio inter administrativo entre o Concello de Folgoso do Courel e a Deputación de Lugo, un acordo que se asinou en 2018 e que tivo que prorrogarse en dúas ocasións.

Segundo este convenio, o investimento necesario estimouse en 1.400.000€, dos cales a Deputación aportará 1.200.000€ e se encargaría, entre outros cometidos, de licitar, adxudicar e xestionar os contratos de obra e servizos precisos, correspondendo ao Concello de Folgoso do Courel achegar 200.000€ e, entre outros, aportar os terreos necesarios para a construción da residencia e o centro de día.

Dende o Concello de Folgoso do Courel cumpriuse coas obrigas establecidas. “O Concello puxo os terreos a disposición da Deputación no ano 2019 e, posteriormente, a Deputación de Lugo presentou un proxecto con numerosos erros que, unha vez corrixidos, o Concello resolveu con dilixencia e outorgoulle a licenza municipal o 13 de xaneiro de 2022”. O 11 de decembro de 2019 se solicitou a prórroga do convenio. O 18 de xuño de 2020, a alcaldesa de Folgoso do Courel mantivo unha reunión co presidente da Deputación para tratar, entre outros temas, a construción da residencia, manifestando José Tomé “o seu total compromiso, tal e como se constata na addenda ao convenio de seguir adiante coa tramitación para sacar a construción da residencia adiante”. A finais do ano 2021 asinouse a segunda addenda de prórroga, tendo como data límite para a construción da residencia o mes de xullo de 2025.

“A realidade é que a Deputación de Lugo acumula meses sen responder aos escritos que eu mesma, como alcaldesa, lles envío, xa que o meu único obxectivo é acadar para os veciños e veciñas do noso municipio o respecto que merecen por parte da Deputación, que se materializa a través do cumprimento dos acordos asinados”, afirma a alcaldesa.

Lola Castro asegura que “os veciños de Folgoso do Courel non merecen estar sometidos a este desprezo continuo, dando largas a un proxecto tan necesario nun municipio destas características, cunha poboación con idades moi avanzadas e con gran dispersión xeográfica, sendo o mais afastado na provincia de todos os servizos”.

Para a alcaldesa de Folgoso do Courel “non caben máis escusas e o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo ten que cumprir o acordado con todos os veciños de Folgoso do Courel, algo para o que lle esiximos que presente o proxecto á maior brevidade para continuar co proceso e licitar canto antes as devanditas obras”.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...