HomesociedadeDon Bernardino de Amandi recibe 8 distincións para os seus viños na...

Don Bernardino de Amandi recibe 8 distincións para os seus viños na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2025

Desta adega da D.O. Rbeira Sacra obteñen a máxima puntuación, Gran Ouro, 'Vacamulo 2020' e 'A Capona 2019'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Don Bernardino de Amandi amosa o seu potencial na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2025 acaparando 8 distincións para as súas elaboracións. Delas, salientar ‘A Capona’, “a última leira de Amandi” que a adega acaba de sacar ao mercado e que se estrea cun Gran Ouro, e ‘Vacamulo’ referencia que volve ser por segundo ano consecutivo o tinto de Galicia mellor puntuado nesta guía. Nela este viño é definido como O Poderío da Ribeira Sacra: “Intenso, profundo, insondable, teno todo, froita (ameixa vermella, amora, érbedo, selecta, etc), sutil e excelente crianza (moca, bombón inglés, sándalo). En boca é poderoso e xeneroso en sensacións, toda a froita coa frescura dun territorio único (terracota), longo, moi longo e firmemente profundo”.

Vacamulo. Foto cedida.

Diego Rodríguez, “5ª Xeración” de Don Bernardino, congratúlase do bo traballo que está a facer a adega para seguir vinculando os seus viños de Amandi á máxima calidade, “con Vacamulo levamos 3 anos no mercado e os tres anos foi Gran Ouro na Guía Paadín, os dous últimos foi ademais o mellor tinto de Galicia, o mellor valorado. Para nós é unha honra”.

Ademais dos 2 Gran Ouro comentados, cinco viños tintos de Don Bernardino obteñen Ouro+ nesta edición da Guía Paadín: Don Bernardino 2023,Don Bernardino 4ª Xeración 2020,,Ibio 2021, Melanio A Capitá 2019, Don Bernardino Leira Mezquita 2019.

“Todos os nosos tintos están por encima do ouro o que significa que a zona de Amandi está por encima da media. Demostra a aposta de Don Bernardino por poñer en valor os grandes viños de Amandi, mentres estes recoñecementos impulsan a nosa presenza no mercado”, asegura Diego Rodríguez. O palmarés de Don Bernardino na Guía Paadín 2025 complétase con Don Bernardino branco 2023 que recibe un Ouro.

Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia

A Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia é unha publicación de carácter anual promovida polo catador e enólogo Luis Paadín, ao que agora tamén acompaña o seu fillo, Alejandro Paadín.

A Guía consolidouse hai 15 anos como referente para profesionais do sector e amantes do viño e os destilados de Galicia, que se achegan a través dela todo o máis destacado do sector. O seu éxito radica na rigorosidade das súas notas xa que os catadores non coñecen as etiquetas, tampouco se permite ningún tempo de publicidade na guía, o que dá valor, profesionalidade e humildade ao texto.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...