Homesociedade300.000€ para a mellora de dous tramos da travesía de Monforte a...

300.000€ para a mellora de dous tramos da travesía de Monforte a Sober

A LU-P-3201 forma parte da trama urbana e, ó mesmo tempo, comunica os Concellos de Monforte de Lemos e Sober. É unha travesía cuxa titularidade pertence á Deputación Provincial de Lugo, tendo o KM 0 no Paseo de Lugo e remata no núcleo de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tramos que serán obxecto desta mellora serán os comprendidos entre os puntos quilométricos 0+814 ó 2+540. E tamén se inclúe neste arranxo un tramo da estrada vella de Monforte a Sober de 267 metros, no núcleo de Piñeira. O punto quilométrico 0,814 está situado á altura do edificio de Agora xunto á Capela de San Lázaro, e o punto quilométrico 2,540 está na parroquia de Piñeira, pasando Talleres Ignacio, antes do seu paso por debaixo da N-120.

Dende esta zona ata Sober tamén se repararán os baches que poida haber, realizando unha labor de conservación. E procederase ó repintado das sinais horizontais de toda esta travesía, dende a Capela de San Lázaro ata a súa chegada a Sober.

O tramo vello de 267 metros está tamén na parroquia de Piñeira, concretamente forma parte do trazado da estrada vella a Sober, e que actualmente da servizo a varias casas desta parroquia de Piñeira, sendo titularidade da Deputación de Lugo.

Polo tanto, a actuación estenderase ó longo de 1.726 metros, ós que hai que engadir os 267 metros do tramo vello, polo que en total, alcanzaranse practicamente os 2 quilómetros (1.993 m.) de actuación.

José Tomé puxo en valor que “o obxectivo prantexado dende o Concello de Monforte á Deputación Provincial é para mellorar e reforzar o firme existente, mellorando a súa capacidade estrutural e adecuándoo ás actuais cargas de tráfico, que son moito máis elevadas hoxe que no momento de construción do firme actual. Porque esta estrada, ademais de soportar o tráfico entre Monforte e Sober, é unha das vías de entrada da cidade,  dende Sober e polos condutores provintes dese entorno, que rodean a cidade por Piñeira.”

Este proxecto ten un orzamento de 294.190,37 euros que asume integramente a Deputación de Lugo. O prazo de execución da obra, unha vez sexa adxudicada e se asine a acta de replanteo, está previsto que sexa de 4 meses. Polo tanto, a previsión é que as obras se leven a cabo entre finais da primavera e comezos do verán.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...