Homesociedade12.000€ da Deputación para a Feira de Oportunidades de Chantada

12.000€ da Deputación para a Feira de Oportunidades de Chantada

A Feira de Oportunidades de Chantada celébrase esta fin de semana coincidindo coa Feira do Viño. A Deputación colabora cunha achega de 12.000€ con esta iniciativa que organiza a Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto CCA Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na presentación desta cita que supón “un impulso ó comercio local, permitindo aos negocios do municipio dar saída ao seu stock e atraer novos clientes, fomentar o consumo de proximidade e dar visibilidade as tendas”.

Tamén destacou Pilar García Porto o que xerará de actividade na zona “atraendo visitantes de outros municipios próximos, incentiva tamén a hostalaría e outros sectores complementarios e reforza o sentimento de comunidade e colaboración entre os comerciantes”. Ademais argumentou que é “unha maneira de reivindicar o comercio local fronte ás grandes plataformas online”.

Esta cita, que chega á súa 16 edición, celebrarase este sábado e domingo na carpa que quedou instalada na avenida de Monforte da vila chantadina. Contará con 35 expositores de artesanía, moda, calzado e complementos, con produtos que se poderán adquirir a bo prezo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...