Homesociedade138.000€ para rehabilitar o edificio da antiga Cámara Agraria de Taboada

138.000€ para rehabilitar o edificio da antiga Cámara Agraria de Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asina un convenio de colaboración co Alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, a través do cal a institución provincial destina case 138.000€ para a rehabilitación do edificio da antiga Cámara Agraria, situado na Praza de Muñelos deste municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste acordo é reformar esta construción para que os veciños e veciñas de Taboada conten cun local multiusos no que se desenvolverán numerosas actividades”. O mandatario provincial puxo en valor o “esforzo” de Roi Rigueira desde que chegou á Alcaldía “unha incansable entrega que se demostra en accións e proxectos que benefician de xeito directo aos taboadeses e taboadesas”.

Nesta liña, Tomé Roca destacou o compromiso do Alcalde con esta iniciativa e recordou que “foi Roi Rigueira quen propuxo, estando aínda na oposición, que o Concello comprase esta infraestrutura, construída no 1950, á Xunta de Galicia”.

Pola súa banda, Roi Rigueira agradeceu o apoio da institución provincial e destacou que as obras consisten “na demolición da tabiquería interior, na incorporación de 2 aseos na planta baixa, a dotación das correspondentes instalacións de auga, luz e rede de sumidoiros e tamén se vai substituír a carpintería actual, entre outras actuacións”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...