HomesociedadeA Pobra do Brollón involucra á cativada na concienciación sobre os dereitos...

A Pobra do Brollón involucra á cativada na concienciación sobre os dereitos da muller e a igualdade

O concello conmemorou o "Día Internacional da Muller" o pasado 8 de marzo cunha concentración e dando lectura a un manifesto, mais tamén organizou actividades de sensibilización co alumnado do CEIP Plurilíngüe da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Equipo de Goberno e a veciñanza realizou, este pasado 8 de marzo, unha concentración diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón para conmemorar o ‘Día Internacional da Muller’ e reivindicar a igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social.

A concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro, deu lectura ao manifesto e a continuación procedeuse a repartir entre as e os asistentes uns imáns con deseños da cativada do colexio. As creacións foron realizadas no centro escolar como actividade creativa e de concienciación coa igualdade.

Imáns realizados pola cativada. Foto: Concello A Pobra do Brollón.

Tras a concentración, parte do Goberno Municipal trasladouse ao CEIP Plurilíngüe da Pobra do Brollón onde as nenas e nenos faláronlles das mulleres importantes nas súas vidas antes de comezar o obradoiro ‘Conectando en igualdade’ a cargo da educadora social Paula Santos.

Alumnado do CEIP ensinando os seus traballos sobre as mulleres importantes das súas vidas. Foto: CEIP P. A Pobra do Brollón.

Dende o Concello da Pobra do Brollón trasladan que, con accións coma estas, queren reafirmar o compromiso cos dereitos das mulleres e as nenas para que, en palabras de Noelia Besteiro, “sexan elas as protagonistas do seu presente, para que sexamos nós as protagonistas do noso presente. As protagonistas da nosa felicidade”.

O manifesto pode lerse na páxina web do concello.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...