HomesociedadeO Camiño de Inverno GUSTA: un roteiro de sabores, iniciativa do GDR...

O Camiño de Inverno GUSTA: un roteiro de sabores, iniciativa do GDR Ribeira Sacra Courel

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel presenta, co obxectivo principal de promocionar o Camiño de Inverno e resaltar o seu valor como ruta xacobea a través da súa gastronomía e historia, "O Camiño de Inverno GUSTA: Un roteiro de sabores", un proxecto que busca poñer en valor a riqueza gastronómica e cultural desta ruta xacobea ao seu paso polos seis concellos polos que transcorre o Camiño de Inverno dentro do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Esta iniciativa ten como obxectivo a promoción do Camiño de Inverno a través dos seus produtos e a súa historia, dinamizando o turismo rural e fortalecendo a identidade do territorio. Ao longo de seis etapas en lugares concretos, os participantes terán a oportunidade de coñecer e degustar produtos locais como o aceite, o viño da Ribeira Sacra, o mel, o queixo e a repostaría tradicional. Ademais, o proxecto responde a un compromiso continuo co apoio a iniciativas impulsadas a través do programa Leader, que teñen contribuído ao desenvolvemento sostible do territorio e á consolidación de actividades económicas vinculadas á produción local e á dinamización do medio rural.

Unha experiencia gastronómica e cultural

O proxecto estrutúrase en seis etapas en lugares concretos, cunha duración aproximada de dúas horas, co obxectivo de invitar aos participantes a descubrir diferentes espazos da comarca a través de etapas lúdico-gastronómicas. Estas etapas incluirán visitas guiadas, catas e actividades interactivas que permitirán mergullarse na historia e tradicións de cada enclave.

Ademais, implementarase un sistema de pasaporte de selos con incentivos para fomentar a participación e fidelizar aos asistentes. Os participantes que completen un mínimo de catro etapas recibirán un lote de produtos locais, e aqueles que asistan ás seis etapas obterán un vale canxeable nun establecemento do Camiño de Inverno, continuando coa promoción do
territorio.

As etapas programadas son:

  • Ouro Líquido do Camiño (Quiroga)
  • Viños con historia no Camiño (Ribas de Sil)
  • Viño e doce sabor no Camiño (A Pobra do Brollón)
  • Para andar o Camiño: queixo e viño (Monforte de Lemos)
  • Percorremos o Camiño ao anoitecer (Pantón)
  • Camiño do mel (O Saviñao)

    Inscrición e participación

As prazas estarán limitadas a 50 persoas por etapa e será necesario inscribirse previamente a través dun formulario en liña habilitado para cada unha delas. Con O Camiño de Inverno GUSTA, o GDR Ribeira Sacra-Courel aposta por un modelo de turismo experiencial, baseado na posta en valor dos produtos e tradicións locais. Esta iniciativa non só contribuirá a reforzar a identidade do territorio, senón que tamén impulsará a economía rural a través do apoio a produtores e negocios locais. Grazas ao programa Leader e ao respaldo a proxectos locais previos, esta proposta súmase a un esforzo continuo por fortalecer o tecido económico e social da comarca, fomentando o emprendemento e o crecemento de sectores clave como o agroalimentario e o turismo.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...