HomesociedadeUn informe sinala á Ribeira Sacra como unha das D.O. máis relevantes...

Un informe sinala á Ribeira Sacra como unha das D.O. máis relevantes do panorama vitivinícola español

Trátase do informe "Galicia 2025", elaborado pola experta en viños Beth Willard para o crítico internacional Tim Atkin.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O informe “Galicia 2025”, realizado pola experta Beth Willard, recoñece a singularidade dos viños da D.O. Ribeira Sacra e o traballo das súas adegas, reflectido nas altas puntuacións obtidas e nos premios outorgados en distintas categorías.

Na súa análise, Willard avaliou 486 viños e visitou 64 adegas en Galicia. Entre os viños mellor valorados, Ribeira Sacra ocupa un lugar destacado, con varias referencias que obtiveron puntuacións sobresalientes.

Dentro do “Top 100 Galicia 2025”, salientar que o Camino Empedrado Merenzao 2022 de Bodegas Mauricio Lorca foi distinguido como “Viño Rosado do Ano”, un recoñecemento que pon en valor a súa calidade enolóxica e expresividade varietal.

VIÑOS QUE SUPERARON OS 95 PUNTOS

97 puntos: Adegas Algueira, Algueira Merenzao 2013.

96 puntos: Adegas Algueira, Homenaje 2013; Adegas Algueira, Pizarra 2017; Ronsel do Sil, Muller Cepa 2022; Ronsel do Sil, Pórtico de Gloria Brancellao 2023.

95 puntos: Finca Míllara, Valiño 2022; Adegas Algueira, Pizarra 2012; Adegas Algueira, Escalada 2023; Adegas Algueira, Mencía Barrica 2007; Adegas Saíñas, Saíñas Sinuoso 2021; Bodegas Mauricio Lorca, Camino Empedrado Blend 2020; Ronsel do Sil, Alpendre Merenzao 2022; Ronsel do Sil, Ourive Dona Branca 2023; Val da Lenda, Sete Tolos 2019.

RECOÑECEMENTO A ADEGAS

O informe non só pon en valor os viños, senón tamén o traballo dos profesionais que están nas adegas. Nesta edición, o galardón a “Xoven Enólogo do Ano” foi concedido a Adrián Rodríguez Moure, de Abadía da Cova, en recoñecemento ao seu labor no desenvolvemento da viticultura heroica de Ribeira Sacra.

E tamén se recoñece o bo facer no eido enoturístico. Neste apartado, Bodegas Regina Viarum recibiu o “Premio ao Enoturismo”, destacando a súa contribución á promoción do turismo vitivinícola e a súa aposta pola divulgación da cultura do viño.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...