HomesociedadeDoade na Memoria

Doade na Memoria

Unha viaxe ao pasado desta parroquia soberina e das súas familias a través da fotografía

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto “Doade na Memoria” é un proxecto da asociación ‘Nosos Pobos’ co que colabora o concello de cara a súa difusión. A asociación confeccionou un álbum fotográfico con todas as familias da parroquia desde antes de mediados do século XX e editáronse unha fotorevista por familia e un póster que se poden visitar no Centro Social da parroquia.

No 2001 a asociación e moitos veciños desenvolveron a exposición fotográfica ‘Doade un século de vida’ que abranguía fotos das persoas desta parroquia nacidas antes de mediados do século XX.

A mostra foi o xerme do proxecto que esta fin de semana se presentou e que recolle fotografías de preto de 50 familias coas súas diferentes xeracións, fotos de grupos e dúas páxinas por familia con fotos representativas, unha árbore xenealóxica e a historia de cada unha. O proxecto puxo e porá en contacto aos veciños e tamén ás futuras xeracións co pasado das súas familias e da parroquia en xeral.

O Concello de Sober, que colabora coa difusión do proxecto, agradece o traballo da asociación ‘Noso Pobo’ de Doade e valora a importancia que terá co paso do tempo de cara a coñecer aos nosos devanceiros.

Presentación do proxecto / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...

Unha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso organizado pola APEHL

A acción formativa estivo impartida polo Instituto Galego do Viño. O seu director, Xoán...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box...