HomesociedadeCortada a circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte de Lemos

Cortada a circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte de Lemos

A circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte de Lemos permanece cortada este xoves debido á caída dunha árbore sobre a catenaria. Segundo informou Adif, o servizo atópase interrompido entre Canaval e San Estevo de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adif asegura que persoal da compañía traballa no punto para tratar de retirar a árbore o máis axiña posible. Esta incidencia afectou a varios servizos, en concreto, ao rexional que fai a ruta Ponferrada-Ourense das 06.15 horas e a Media Distancia A Coruña-Ourense das 07.05 horas. Para ambas as rutas habilitouse un servizo por estrada para os pasaxeiros.

Do mesmo xeito, tamén se viu afectada a liña Vigo-Barcelona, realizando as paradas intermedias por outro itinerario.

Ademais, o temporal que deixou durante a madrugada e esta mañá en Galicia refachos de ventos de ata 166 quilómetros por hora, obriga a que os trens circulen con limitación de velocidade

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...