HomesociedadePalestra con Fayez Badawi sobre a loita do pobo palestino, o 24...

Palestra con Fayez Badawi sobre a loita do pobo palestino, o 24 de marzo en Monforte

A Asociación Cultural A Xacia, en colaboración con Mar de Lumes, organiza unha palestra para analizar a actual situación en Palestina e a resistencia contra a ocupación. O encontro terá lugar o luns, 24 de marzo, ás 19:30 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento contará coa intervención de Fayez Badawi, ex portavoz da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), quen compartirá a súa visión sobre décadas de loita contra o imperialismo e a ocupación.

O encontro será unha oportunidade para coñecer de primeira man a realidade que vive o pobo palestino, así como para reflexionar sobre as violacións da tregua e a escalada de violencia na rexión.

Desde A.C. A Xacia convidan a toda a veciñanza a asistir e participar neste acto de información e solidariedade, que pretende dar voz á causa palestina e achegar unha visión crítica sobre a actual situación no Oriente Próximo

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...