HomesociedadeErmitas Fernández, a décima centenaria de Sober

Ermitas Fernández, a décima centenaria de Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este domingo ata Ceceda, en Doade, para celebrar o centenario de Ermitas Fernández. O Concello de Sober conta a día de hoxe con dez centenarios, sete mulleres e tres homes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cumpleañeira tivo oito irmáns, todas mulleres. Tan só queda ela. Do seu matrimonio naceron catro fillos, tres mulleres e un home.

Ermitas procede dunha familia con persoas moi lonxevas, como un tío que chegou aos 107 e unha tía que faleceu con 104 anos.

A viaxe máis longa que fixo foi a Asturias, para visitar á familia. Pasou toda a súa vida en Sober. Hoxe celebra os seus 100 anos acompañada da súa familia e seres queridos. O alcalde fíxolle entrega dun agasallo institucional e desexoulle que pase un día de moita felicidade acompañada polos seus.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...