HomesociedadeUFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, inviste máis de 545.000 euros na Comarca...

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, inviste máis de 545.000 euros na Comarca de Lemos

A eléctrica incluíu no seu plan de investimentos varias actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de suministro de enerxía eléctrica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, realizou distintas actuacións para optimizar a calidade e fiabilidade da subministración eléctrica na comarca de Terra de Lemos, cun investimento que supera os 345.000 euros. Estas melloras benefician aos veciños dos municipios de Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober.

En Monforte de Lemos, UFD executou a ampliación de capacidade e optimización da fiabilidade da subministración na zona de Morín coa instalación dun novo centro de transformación de 250 kVA e o tendido de 1.562 metros de condutor de baixa tensión, cun investimento de 200.000 euros.

No Saviñao, a distribuidora reforzou a capacidade da rede en San Esteban, coa instalación dunha nova liña de media tensión de 1.380 metros e 12 apoios novos, e en Escairón, coa instalación de 332 metros de condutor de liña subterránea na liña de Media Tensión.

Pola súa banda, no municipio de Sober, UFD ampliou a capacidade do centro de transformación na zona de Sanmil coa instalación dun novo transformador de 100 kVA.

ESTRATEXIAS DE INVESTIMENTO NO RURAL

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, garantindo un servizo máis eficiente e fiable para os fogares e negocios da comarca. O delegado de UFD na provincia de Lugo, Jorge Mato, destacou que “estes investimentos reflicten o compromiso de UFD co reforzo e modernización das infraestruturas eléctricas na comarca de Terra de Lemos, co obxectivo de ofrecer unha subministración máis segura e eficiente, que contribúa á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento económico das zonas rurais”.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...