Homesociedade"Volver a crer no rural", este mércores tema do faladoiro de Quiroga

“Volver a crer no rural”, este mércores tema do faladoiro de Quiroga

Aída Marcos, emprendedora e impulsora da declaración de Bustelo de Fisteus como Aldea Modelo protagonizará este mércores, a partir das 18:00h o Faladoiro do Centro Social

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o lema “Volver e crer no rural” esta quiroguesa falará sobre a importancia de transformar o negativismo en ilusión para revitalizar o rural. Aída regresa á súa aldea natal e pone en marcha, Imprenta Medios, unha imprenta dixital e publicidade, a primeira empresa deste tipo que se instala no municipio de Quiroga.

Natural de Bustelo de Fisteus marchou a Vigo onde entrou en contacto co mundo das Artes Gráficas e a Publicidade, sendo hoxe empresaria do sector. Sen perder o contacto coas súas raíces marcouse o reto de axudar a recuperar e darlle vida á súa aldea, que dende o 2021 foi recoñecida pola Xunta como Aldea Modelo.

Moderado polo concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, neste faladoiro que se desenvolve na Biblioteca do centro Social coñecerase de primeira man as experiencias desta empresaria e impulsora do rural.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento. Partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para compartir as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...