HomesociedadeChantada quere Sanidade decide en asemblea retomar as accións que reclaman melloras...

Chantada quere Sanidade decide en asemblea retomar as accións que reclaman melloras na calidade do servizo

Es domingo, 23 de marzo, Chantada quere Sanidade celebrou unha asemblea coa participación de máis dunha trintena de veciñas e veciños na que se aprobou por unanimidade retomar as accións diante da continuada degradación da situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma non descarta retomar as mobilizacións, así como volver á Valedora do Pobo e seguir traballando para que se cubran as baixas no centro de saúde, “se dote a Chantada dun segundo equipo no PAC ou se comece a ter HADO na nosa comarca, que está discriminada ao non contar cun servizo que si teñen a maioría de comarcas”.

Tamén anuncian que estudarán tender pontes con outros colectivos e plataformas para loitar por un hospital comarcal dotado de especialistas, “pois non podemos ser os pacientes e administrados os que paguemos as consecuencias da deficiente xestión da Xunta en materia sanitaria”.

Lembran que ademais das mobilizacións que impulsaron no seu día, comezaron tamén a incoación dun expediente diante da Valedoría do Pobo, “xa que unha poboación de máis de 8000 habitantes, non pode sufrir unha sanidade de inferior categoría a outros territorios”. Daquela, a Valedora indicoulle á Xunta que «sería preciso avanzar na procura de mecanismos que permitan solucionar a cobertura das prazas vacantes e ausencias
xustificadas en atención primaria no ámbito rural», e lamentan continuar coa mesma problemática no centro de saúde de Chantada sen cubrir as baixas de medicina e
enfermaría.

Chantada quere Sanidade anuncia, nesta situación, que seguirá loitando para cubrir as baixas do centro de saúde de Chantada, “e para ter un segundo equipo no PAC e para conseguirmos o servizo de hospitalización no fogar (HADO) que permite mellorar moito a calidade de vida dalgúns pacientes e familias”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...