HomesociedadeSober dedícalle a rúa do colexio á pintora Maruja Mallo

Sober dedícalle a rúa do colexio á pintora Maruja Mallo

O Concello de Sober aprobou por unanimidade en pleno dedicarlle a rúa do colexio á pintora polas súas raíces no municipio, en concreto co lugar de Naz, parroquia de San Martiño de Anllo. O pasado día 6 de febreiro foi o 30 aniversario do seu falecemento e esta semana conmomorábase a data no marco do Mes de Amandi coa inauguración desta rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tamén este xoves dentro da programación para honrar a memoria de Maruja Mallo celebrouse unha charla no salón de actos do colexio coa intervención do profesor Emilio Xosé Insua, que falou da vida e obra da pintora, e do xornalista Ángel Arnaiz, quen departiu sobre as orixes familiares da artista.

Ao remate alumnos, profesores e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participaron no descubrimento dunha placa co nome de Rúa Maruja Mallo para honrar a memoria desta artista de recoñecemento internacional.

Orixes da artista

Polo que se sabe, o seu avó materno, José González, máis coñecido como Pepito, ferreiro de profesión, naceu e medrou na aldea de Naz, ata que emigrou a Vigo.

Alí casou con Emilia Lorenzo e chegou a ser alcalde do desaparecido concello de Lavadores, que na actualidade está integrado no municipio vigués. Do matrimonio nacería María González Lorenzo, nai da pintora. Esta casou en Vigo co madrileño Justo José Gómez Mallo, unión da que naceu na cidade de Viveiro Ana María Manuela Isabel Gómez y González, nome completo de Maruja Mallo.

Inauguración rúa Maruja Mallo / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...