HomesociedadeEste 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Este programa formativo está estruturado nunhas seis sesións de carácter práctico, que abordarán desde a busca de emprego ata o emprendemento no sector dos coidados, con especial atención ás oportunidades no ámbito rural

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra el Hambre pon en marcha o itinerario de talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados“, dirixido a persoas que están finalizando a formación CM Atención a persoas en situación de dependencia ou o Certificado de Profesionalidade en Atención Sociosanitaria ou formacións similares.

A primeira sesión, titulada “O mercado de traballo no sector dos coidados“, terá lugar este mércores, 3 de abril, no Salón de Actos do Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón (Monforte de Lemos), das 17h ás 19h.

Neste encontro, analizaranse as distintas saídas profesionais, as tendencias do sector e as posibilidades de autoemprego. Ademais, contarase coa participación de profesionais que compartirán a súa experiencia e visión sobre o futuro dos coidados.

Este itinerario busca ofrecer ás persoas participantes as ferramentas necesarias para acceder ao mercado laboral con éxito, promovendo ao mesmo tempo a innovación e o emprendemento no ámbito dos coidados.

As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse a través de https://bit.ly/mercadocoidados ou no 648 16 68 48 (Ana) e 616 515455 (Laura).

Esta actividade enmárcase no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible financiado por FSE+ e Fundación MAPFRE

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...