HomesociedadeRematada a mellora dunha das vías máis transitadas do Saviñao

Rematada a mellora dunha das vías máis transitadas do Saviñao

A Deputación Provincial destinou aos traballos de mellora da estrada  que une Rebordondiego con Morgade por Aiaz, 220.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A LU-P-5804 é unha das vías máis transitadas do concello, que ademais de conectar con Escairón, recolle o tráfico diario dos traballadores de numerosas explotacións agrarias da zona. Desde o organismo provincial aseguran que estas melloras, ademais de facilitar a comunicación por estrada no concello, contribúen a dinamizar a economía.

O investimento da Deputación permitiu arranxar un total de 7 quilómetros do treito que vai dende o punto quilométrico 3,9 ao 10,9. Os traballos executados consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización vertical e repintado da horizontal.

No Concello do Saviñao a Deputación investía recentemente 46.000 euros na mellora da LU-P-5801, da Igrexa da Cova a Fión. Neste caso a mellora da estrada prodúcese nunha zona que acolle ao longo do ano numerosas visitas de turistas.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...