HomesociedadeA XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O saúda do alcalde desenvolveuse no Salón de actos da Casa da Cultura, así comezaba oficialmente este sábado pola mañá a XXI Feira Medieval de Monforte, que se prologará ata mañá pola tarde

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Tenente da Compañía da Garda Civil, Javier, e polo Inspector Xefe de Seguridade Cidadá, Óscar Fernández.  

Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Deputada da Área de Réxime Interior Promoción e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción económica e social, Pablo Rivera, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, o Delegado Territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández,  o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Deputada no Congreso, Patricia Otero, ou o Concelleiro Delegado de Alcaldía do Concello de Sober, Iván Armesto, entre outras autoridades.

Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV. A continuación, o Alcalde acompañado polo Equipo de Goberno e o resto de invitados, visitaron a Feira Medieval percorrendo as rúas que, a pesares das inclemencias do tempo, estaban ateigadas de público, desfrutando das distintas actividades da Feira.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...