HomesociedadeUnha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

Está impulsada pola Deputación de Lugo co obxectivo de facilitar o contacto entre persoas que buscan traballo e empresas que precisan incorporar persoal na provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo Emprego, co obxectivo de facilitar o contacto entre ofertantes e demandantes de emprego na provincia. A ferramenta está xa dispoñible e supón un avance na modernización dos servizos públicos de intermediación laboral que a institución provincial ofrece a través da súa Axencia de Colocación.

Esta aplicación permitirá aos demandantes de emprego xestionar os seus perfís profesionais de forma áxil e acceder de maneira inmediata ás ofertas de traballo publicadas pola Axencia de Colocación. Ao mesmo tempo, esta ferramenta axudará ás empresas a axilizar a publicación das súas ofertas e mellorar os procesos de selección, adaptándoos mellor ás súas necesidades para atopar o persoal máis adecuado.

COMBATER O DESEMPREGO NA PROVINCIA

Esta iniciativa tecnolóxica responde a dous dos grandes retos do mercado laboral: o desemprego e a falta de persoal cualificado nas empresas.

Dende a Deputación de Lugo afirman tamén que esta innovación facilitaralle ás persoas atopar traballo na provincia e ás empresas cubrir vacantes con candidatos cualificados, favorecendo a fixación de poboación no territorio.

A nova ferramenta forma parte da aposta da Deputación de Lugo pola innovación tecnolóxica e a modernización dos servizos públicos para facilitar o acceso ao emprego e fomentar a contratación local.

APLICACIÓN MÓBIL

Para acceder a ela: APP DeputaciónLugo Emprego.

As persoas que buscan traballo poden rexistrarse facilmente, subir o seu CV e configurar o seu perfil profesional, recibindo alertas personalizadas con ofertas adaptadas aos seus intereses. Poden inscribirse de maneira rápida nas ofertas que lles interesen.

Pola súa parte, as empresas poden publicar as súas ofertas de emprego de maneira sinxela, aumentar a visibilidade das súas vacantes e recibir candidaturas filtradas e adaptadas ás súas necesidades, mellorando a xestión dos procesos de selección.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...