HomesociedadeA Feira do Viño de Quiroga homenaxea aos pioneiros neste certame vitícola

A Feira do Viño de Quiroga homenaxea aos pioneiros neste certame vitícola

Tras o remate da Mostra do Aceite están en marcha os preparativos para a celebración da Feira do Viño de Quiroga os días 18, 19 e 20 deste mes de abril. Na actualidade céntranse os esforzos no recoñecemento aos seus primeiros organizadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha comisión presidida polo Tenente de Alcalde, Vicente Parra, encargarase de crear un acto homenaxe que englobará unha pequena exposición. Con este acto poñerase fin aos recoñecementos que se iniciaron no ano 2021 cando por mor da pandemia non se puido levar a cabo a Feira do Viño e realizouse unha homenaxe a través dunha exposición e a publicación dunha revista que homenaxeaba aos viticultores.

Nesta ocasión, o recoñecemento será para os impulsores da feira que traballaron nos primeiros anos (1980 – 1985) para que a Feira do Viño teña o impulso que ten a día de hoxe.

O acto que se desenvolverá o venres, 18 de abril, dará a saída á XLIII Feira do Viño de Quiroga e terá dúas partes. Unha dedicada aos pioneiros nesta exaltación do viño quirogués e a outra aos que os acompañaron nos primeiros anos.

Para a realización desta homenaxe, Vicente Parra, fai un chamamento a todas aquelas persoas que puidesen ter algún documento gráfico, especialmente fotografías, das primeiras Feiras do Viño entre os anos 1980 a 1985. As fotografías pódense entregar na Casa da Cultura en horario de mañá, onde se escanearían para a continuación devolverllas aos seus propietarios.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...