HomesociedadeA AV de Vilaesteva no Saviñao, alerta da construción dunha central de...

A AV de Vilaesteva no Saviñao, alerta da construción dunha central de biogás

A asociación veciñal asegura que no pasado mes soubo dunha empresa interesada en instalar unha central de biogás no lugar de Sanxumil, "a escasos 200 metros das casas e a menos dun kilómetro do núcleo urbano de Currelos, onde hai unha escola e un centro de saúde, ademais doutras instalacións".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación asegura ser coñecedora desta situación por casualidade e trasladoulle as súas preocupacións ao alcalde, ademais de comezar coa recollida de sinaturas a través da páxina, https://www.change.org/p/non-%C3%A1s-centrais-de-biog%C3%A1s-preto-das-vivendas/dashoard .

En 24 horas recolleron máis de 500 sinaturas “nun municipio onde a poboación é maior e non está familiarizada coas novas tencnoloxías”, afirman e anuncian que están tamén coa recollida de sinaturas tradicionais para presentar no concello pedindo que se desestime este proxecto, “igual que se levou a cabo noutros lugares como Coeses e Antas de Ulla”.

“Unha central de biogás só trae cheiros e contaminación ao noso concello. Véndese como a solución ao problema dos gandeiros e das gandeiras, mais en realidade van traer lodos de depuradora e lodos industriais. Camións cheos de lixo pasando polas nosas xa deterioradas estradas a diario e por diante das nosas casas”, conclúen e anuncian que realizarán tantas accións como sexan necesarias para que non se instale unha planta de biogás preto das vivendas.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...