HomesociedadeO programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración...

O programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración do ‘mercado temático’ da Praza de Abastos de Monforte

Presentarase aos medios de comunicación ás 11:30 horas nunha rolda de prensa despois da inauguración do 'Mercado para a Medieval'. Contará con 11 postos relacionados co evento e o sábado tarde haberá un desfile de traxes medievais e complementos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado día 5 de abril ás 11:30 horas o “Mercado para a Medieval” no espazo anexo da Praza de Abastos de Monforte. Trátase, en palabras do rexedor, “dun certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”.

Ademais da inauguración deste mercado, terá lugar unha rolda de prensa aberta aos medios para presentar o Programa oficial de actividades da Feira Medieval que este ano alcanza a súa 21ª edición celebrándose na fin de semana do 19 e 20 de abril.

MERCADO PARA A MEDIEVAL

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira. Contará coa presencia de 11 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes, artesanía, bixutería, decoración de mesas de terraza para hostalería así como decoración de mesas medievais de comedor, en definitiva, os preparativos para a Feira Medieval.

O sábado día 5 celebrarase un dos actos centrais do Mercado Medieval, o Desfile de Traxes Medievais e complementos, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre e como novidade, este ano, estenderá o percorrido do desfile pola rúa, ata a entrada do espazo gastronómico, dada a gran afluencia de público que tivo en edicións anteriores. Desfilarán 92 traxes de época, presentados por 23 modelos, adultos e nenos, e terá unha duración aproximada dunha hora.

Aproveitando a celebración deste Mercado, proxectarase, de manera continuada, o vídeo oficial da Feira Medieval, que foi presentado o pasado luns 31 de marzo, e o vídeo “O bo xantar”, o cal dará a coñecer a proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira Medieval.

Tamén se fará o concurso de repostería e pastelaría “A polo mellor doce onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votando durante a xornada do sábado no horario do mercado, tres categorías: tradicional, innovador e creativo, votación da que resultará elixido un gañador de cada unha das categorías. A entrega de premios terá lugar o domingo día 6 de abril ás 13:00 h no propio mercado e a continuación realizarase un sorteo entre todos os votantes dos doces expostos.

HORARIO DO MERCADO

Sábado de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h. e domingo de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 20:00h.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...