IniciosociedadeAxudas do concello de Monforte ás asociacións de carácter social

Axudas do concello de Monforte ás asociacións de carácter social

Adícanse case 10.000 euros, 1.600 máis que na convocatoria anterior e por primeira vez recibe axudas Cior Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte reservou unha partida de 12.000 euros para as entidades que desenvolven actividades e proxectos de carácter social con colectivos desfavorecidos pola situación económica, de saúde ou concorrencia de circunstancias sociais, étnicas ou culturais polas que teñan especiais dificultades.

Con estas axudas, o Goberno municipal intenta facilitar recursos de inclusión social, garantir a autonomía persoal e brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables.

O importe das subvencións concedidas ascende a 9.995 euros; 1.622 euros máis que na convocatoria anterior. Unha das entidades que vai recibir axudas por vez primeira é Cior Galicia.

As axudas distribúense do seguinte xeito:

  • AFAMÓN: 1.995 euros
  • AGORA: 2.000 euros
  • CIOR GALICIA: 2.000 euros
  • AUXILIA: 2.000 euros
  • ALBORES: 2.000 euros

Desde o concello lembran que a convocatoria de subvencións para este tipo de entidades sen ánimo de lucro se realiza de xeito independente ás demais convocatoria de axudas. Ademais desta liña de axudas, o concello conta cunha partida de axuda enerxética para que todos os fogares poidan facer frente a este servizo básico. Por outra banda, o concello duplicou o presuposto destinado ó programa Activa, destinado a promover a participación dos veciños e posibilitar espazos de encontro entre diferentes xeracións. O incremento permitiu, segundo apuntan desde o equipo de goberno, que máis persoas puidesen participar e que se impartisen novas disciplinas. O Alcalde, José Tomé, destaca que “proba do noso compromiso coas persoas, é que dende 2015 incrementamos en 462.132 euros a partida destinada ós servizos sociais”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...