O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense ofrece unha Semana Santa chea de actividades para toda a familia. Ata o día 21 de abril os visitantes poderán gozar de espectáculos de maxia, obradoiros infantís, zona gaming e a visita especial da súa mascota, “Ponti”.
Para comezar, a xerencia ofrece aparcamento de balde o domingo 13 coincidindo coa celebración na cidade das Burgas do XVII Torneo de Primavera Cidade de Ourense de Ximnasia Rítmica.
ESPECTÁCULOS DE MAXIA
O C.C. Ponte Vella recibirá a visita de dous grandes magos galegos, Dani Polo e Mago Rafa. O martes 15 de abril ás 19:00 h. actuará Dani Polo no segundo andar, e o xoves 17 á mesma hora e lugar poderase gozar da maxia do lucense Mago Rafa.

Estamos a falar de 2 recoñecidos ilusionistas galegos que combinan unha moi boa técnica cunha posta en escena na que non faltará o humor e a interacción co público.
OBRADOIROS E ZONA GAMING
A creatividade tamén terá un lugar importante entre as actividades que ofrece este centro comercial ourensán. No baixo ofreceranse talleres infantís (manualidades, elaboración de marca páxinas, busca de ovos de pascua…) da man do Club de Ponti durante a Semana Santa todos os días, menos os domingo, ata o día 21 e con horario de 17:30 a 20:30 h. Comentar que fóra destas festas, este espazo estará aberto durante todo abril os venres e sábados.
Para os amantes dos videoxogos haberá a posibilidade de xogar coa PS4, PS5, Nintendo Switch e un simulador de coches no baixo, detrás do local “100 montaditos”. O horario será de 18:00 a 21:00 h. e os mesmos días que os comentados para os obradoiros.
Finalmente, para aqueles que queiran ver a mascota ‘Ponti’ teñen oportunidade os seguintes días en horario de 18:00 a 20:00 h.: Martes 15 e mércores 16 de abril.