HomesociedadeXVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de...

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de Quiroga

O certame desenvolverase o sábado día 19 de abril na Praza de España despois dun desfile pola rúa Real de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, o día 19 a partir das 11:00 h. celebrarase na vila quiroguesa o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas (1ª fase). Nesta ocasión o devandito certame retoma o nome de Memorial Muíño, en lembranza da figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño. Despois dun desfile pola rúa principal das bandas participantes, o concurso musical desenvolverase na Praza de España e poderá seguirse a través de streaming (XoseLoisFoxoLIVE).

A presentación tivo lugar días atrás no Parador de Monforte abrindo o acto José Luís Rivera, Alcalde de Quiroga, que dixo que se trata “dun evento único deste tipo que ten Galicia e que non se pode perder”. Tamén asistiu o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen amosou a súa satisfacción por asociar o nome da Xunta de Galicia a este traballo continuo tan importante en prol da cultura galega.

O certame leva novamente o nome de Memorial Muíño e está dedicado nesta ocasión ao gaiteiro do Bierzo, Hilario García, como un acto de recoñecemento tras o seu falecemento, como explicou na presentación Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e organizador do evento.

Precisamente a banda ponferradina será a única agrupación non galega que asistirá ao certame na presente edición. Estará acompañada no cartel por seis bandas ourensás, dúas da Coruña e catro de Lugo. As representantes da provincia serán as de Chantada, Val de Lemos, Falcatrueiros de Monterroso e Toxo Queimado de Baleira.

DESENVOLVEMENTO DO CERTAME

Serán quince as bandas, máis de 400 gaiteiros, as que participen neste certame, chegadas dende distintos puntos de Galicia e incluso dende o Bierzo. Está previsto que ás doce comece o certame que se abrirá coas bandas de 4º grado, onde están incluídas as Bandas de Gaitas dos Concellos de Castrelo de Miño e Riós, a banda Lembranzas do Tambre de Oroso e a Banda de Gaitas Fuentesnuevas de Ponferrada.

No terceiro grado participarán as Bandas de Gaitas da Escola Municipal de Xinzo de Limia, Tarde Piaches; a banda de Gaitas de San e San Pantaleón das Viñas (Ferrol) e Ladies Band (Ourense).

No segundo grao son catro as bandas de gaitas que concursan: a do Concello de Chantada, a do Val de Lemos, a de Xinzo de Limia e Falcatrueiros de Monterroso.

Finalmente no apartado de bandas de gaitas de primeiro grado participan as bandas de Agarimo de Catabois (Ferrol), a Real Xuvenil (Ourense) e Toxo Queimado de Baleira.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...