HomesociedadeComplétase a renovación integral do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

Complétase a renovación integral do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

A finais de decembro do 2024 poñíase en marcha a IX edición do obradoiro dual de emprego Serra do Faro, que promove o concello de Chantada en colaboración cos concellos de Carballedo e Taboada. Nestes meses o módulo de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización estivo traballando en Chantada e centrou a actividade no Parque Eloísa Rivadulla e no Paseo Fluvial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A parte alta do Parque Eloísa Rivadulla dotouse de saneamento para a recollida de augas pluviais e creouse unha plataforma única con solo de formigón entre a beirarrúa e o espazo polo que circulan os vehículos de servizos, “Unha vez que conseguimos unha plataforma de superficie chan que fai este espazo máis accesible e moderno, limpamos as superficies de pedra e instalamos bancos e outro mobiliario. Con estas melloras deixamos o Parque Eloísa Rivadulla remodelado ao 100%, despois de ter creado os baños e acondicionado toda a zona verde coa anterior edición do obradoiro de emprego. A isto engadimos o novo parque infantil que inauguramos o pasado ano”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Este módulo do obradoiro de emprego estivo traballando tamén no Paseo Fluvial do río Asma onde se acondicionaron os dous miradoiros con levantado do solo e colocación dun novo pavimento, aproveitando para instalar rampas de acceso que melloran a accesibilidade a estos espazos.

No Paseo Fluvial está actuando tamén o módulo de Xardinaría que nestas semanas segue coa retirada de árbores secas e reposición de especies para manter este pulmón verde. Ademais este módulo encárgase de crear unha gran área verde na zona do barrio de Marín.

Unha vintena de persoas reciben formación ao longo de 9 meses neste obradoiro de emprego. Aos anteriores hai que engadir o módulo de Atención Sociosanitaria, que desenvolve a formación na residencia do Concello de Carballedo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...