HomesociedadeMonforte quere ser máis accesible

Monforte quere ser máis accesible

O concello contrata a redacción dun Plan de Accesibilidade dos edificios públicos e parques.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte e COGAMI acordaron a elaboración dun Plan de Accesibilidade e Auditoría de edificios públicos e parques. O contrato adxudicóuselle á empresa CombinaXestión Social S.L.por un importe de 10.000 euros e un prazo de entrega de 5 meses.

Para o equipo de goberno o Plan de Accesibilidade é un instrumento útil porque vai a axudar a detectar os problemas de accesibilidade da cidade do Cabe e a visualizar os vicios e as solucións mal propostas.

Outras iniciativas deste goberno por mellorar a accesibilidade en Monforte foron a colocación dun tramo de pavimento de granito en forma de rampla, cunha pendente do 10%, na Casa da Cultura, para o acceso desde a  Praza de España. Anteriormente existía una excesiva inclinación: do 25 por cento, o que dificultaba o acceso ao edificio. Mellorouse tamén o acceso aos aseos, habilitouse un baño para persoas con discapacidade e instalaouse un ascensor para as instalacións. A obra supuxera un investimento de preto de 25.000 euros. No Mutiusos habilitouse o ascensor que levaba 15 anos sen funcionar e instaláronse ramplas e varandas no Centro Cívico.

O concello de Monforte tamén mellorou a accesibilidade coa habilitación de rebaixes nas beirarrúas en máis de medio cento de pasos de peóns.

ÚLTIMAS

Volven á Ribeira Sacra os Trens Turísticos de Galicia

Esta experiencia ofrece a oportunidade de explorar o patrimonio natural, cultural e gastronómico da...

Monforte contratará a 3 traballadores co Aprol rural

A voceira popular, Katy Varela, pon en valor que a concesión desta subvención facilitará...

“Cabaliño de Lugo” de Lucía Pérez chega á Praza de San Marcos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves pola tarde...

‘Denantes sen pé que de xeonllos’, lema do cartaz da X Feira Guímara

Dende hai uns días xa se coñece a obra gañadora do certame de carteis...