HomeTerra de LemosA Pobra do Brollón'Denantes sen pé que de xeonllos', lema do cartaz da X Feira...

‘Denantes sen pé que de xeonllos’, lema do cartaz da X Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón fixo público esta semana o deseño gañador do concurso de carteis que impulsou semanas atrás. O evento histórico-festivo terá lugar o vindeiro 12 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende hai uns días xa se coñece a obra gañadora do certame de carteis para anunciar a X edición da Feira Guímara que organiza o Concello da Pobra do Brollón.

O autor da mesma é o artista Iago López, un veciño de Fornelas que ademais do mérito de ser o creador da imaxe gráfica que representará o evento, recibirá un premio de 200 euros.

A OBRA

O cartaz gañador representa a revolta guímara, amosando que o creador coñece ben a Feira, pois inclúe unha representación do enfrontamento entre Guímaros e representantes dos Condes de Lemos. Pero ademais, o deseño incorpora o lema “Denantes sen pé que de xeonllos”, inspirado pola historia de Lope de Ferreiros, quen foi acusado de instigar a sublevación veciñal contra o Conde de Lemos, polo cal como castigo cortóuselle un pé sen que mediase xuízo ningún.

Sete foron as propostas que se presentaron ao concurso. En segundo posto quedou a recibida baixo o pseudónimo de ‘Sacho’, e en terceiro, a de ‘Maruxa Castaña II’. Aquí os deseños:

ÚLTIMAS

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...