HomesociedadeMoito que ver e facer na 'Primavera de Portas Abertas' da Ruta...

Moito que ver e facer na ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Ofrécense unha chea de actividades que se desenvolverán entre o 23 e o 25 de maio. Haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense; o prezo é de 10 € para adultos e 5 € para nenos/as e as prazas para anotarse son limitadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como é habitual haberá Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá desde a Praza de Bretaña en Lugo, a estación de ferrocarril de Ourense, a Avenida Xardíns Méndez Núñez na Coruña e na Avenida de Madrid en Vigo (Centro médico Concheiro). O domingo día 25 haberá un Bus do Viño con saída da estación de ferrocarril de Ourense, outro desde a Praza de Bretaña en Lugo e unha saída desde Santiago de Compostela (Hotel Porta do Camiño). A actividade ten un custo de 10 € para adultos e de 5 € para nenos/as de 3 a 13 anos. O xantar non está incluído.

Contarase como é costume tamén con visitas guiadas e gratuítas con degustación ás adegas: Adega Vella, Amedo, Adega Proencia, Adega Ribada, Cachín, Casa Moreiras, Rectoral de Amandi, Condado de Sequeiras, Finca Míllara, Ponte da Boga, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...