HomesociedadeOs Reis déixanse ver antes do seu gran día

Os Reis déixanse ver antes do seu gran día

Os concellos do sur lucense teñen todo preparado para a recepción das Súas Maxestades e algúns farano con interesantes cabalgadas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria organiza como cada ano unha gran cabalgata. A recepción dos Reis Magos terá lugar ás 18:00 h. na Estación de Ferrocarril e despois farase o desfile das Carrozas Reais acompañadas da comitiva nun percorrido pola cidade ata rematar no Chanto. Xa alí, os Magos de Oriente atenderán aos máis pequenos e pequenas e a continuación música a cargo do Grupo Louband e chocolate con roscón para todos os asistentes.

En Monforte tamén está todo listo para a chegada das SS. MM. Chegarán á Estación de Tren ás 18:30 h. de onde partirán Carrozas Reais e comitiva de acompañamento nun percorrido pola cidade ata a Praza de San Antonio para dar o seu discurso dende o corredor da Casa do Concello cara as 19:30 h. e lanzar caramelos ao público. A continuación recibirán aos nenos e nenas na planta baixa.

Discurso de Reis dende a Casa do Concello en Monforte. Foto: J.R. Casan

En Chantada a cabalgata comezará ás 17.00 h. e rematará no Auditorio Municipal da vila onde terá lugar o encontro dos nenos/as coas Súas Maxestades. Para o domingo 6 a Banda de Música do concello ofrecerá un Concerto de Reis tamén no Auditorio.

Na Comarca de Quiroga tamén viven con especial interese o día 5 de xaneiro. Está previsto que as Súas Maxestades cheguen a Quiroga ás 18:15 h. O primeiro punto de encontro será a Casa do Concello onde se fará entrega de agasallos aos nenos e nenas de familias máis desfavorecidas.

Cara as 19:00 h. e acompañados pola música da banda de gaitas, achegaranse ata a Residencia da Terceira Idade para visitar aos maiores, agasallalos coa súa presenza e tamén con algúns presentes. A continuación a comitiva real e as carrozas percorrerán a Rúa Real ata o Auditorio Municipal. A comisión organizadora manterá a decisión de anos anteriores, por motivo de seguridade, de non tirar caramelos durante o paso da cabalgata. Onde si se entregarán os caramelos será no Auditorio, cando os Reis de Oriente escoiten as peticións de todos os nenos e nenas para esa noite máxica a partir das oito do serán. Unha vez rematen de escoitar as peticións dos nenos e nenas, todos eles poderán participar nunha merenda no Albergue Municipal.

No Saviñao a cabalgata comeza na poboación de Currelos. Alí estarán para recibir os nenos e nenas do lugar ás 16:30 h. Despois dirixiranse cara Escairón para facer unha ruada dende as 18:30 h ata as 19:45 h. rematando no Auditorio Municipal para atender a nenas e nenos.

Outros concellos como Pantón, Bóveda, O Incio ou Pobra do Beollón optan por unha recepción festiva nos seus respectivos Centros Socioculturais. En Bóveda reciben aos Reis Magos ás 17:30 h. con actuacións musicais e baile a cargo dos alumnos e alumnas da escola municipal de música e a continuación estes atenden aos nenos e nenas ao tempo que lles entregan uns agasallos. En Pantón teñen un festival de Reis ás 18:00 h. no que haberá xogos, música e obradoiros. A continuación xa chegarán as Súas Maxestades para atender aos cativos e cativas. No Incio a “Recepción Real” terá lugar ás 18:00 h. no Salón Multiusos do concello, lugar onde os nenos recibirán agasallos e haberá tamén chocolate, roscón e biscoito para todos os asistentes. Sobre a mesma hora que nos casos anteriores o concello da Pobra do Brollón acollerá aos Reis na Casa da Cultura con chocolate quentiño e doce para todos.

O Concello de Sober madrugará máis que os anteriores. A recepción das SS. MM. sexá ás 12:00 h. no Centro Sociocultural.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...