HomesociedadeA Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

O Concello de Pantón celebra os días 9, 10 e 11 de maio, a XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que nesta edición achega importantes novidades tal e como se explicaba no acto de presentación da programación do que participaron o alcalde, José Luis Álvarez e concelleira, Cristina Domínguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer nos xardíns do Castelo de Maside, un espazo idílico para anunciar que a cita festiva deste ano quere ofrecer aos visitantes, ademais dos viños das tres ribeiras, todo o municipio e os recursos paisaxísticos e patrimoniais, “Durante estes 3 días queremos presentar Pantón como unha experiencia, podendo gozar cos viños das nosas tres ribeiras e tamén do noso patrimonio cun románico espectacular e cunhas paisaxes sorprendentes. Queremos que a xente pense en Pantón como moito máis que viño”, aseguraba Domínguez.

Participan da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás. Nesta ocasión cóntase cun días máis, comezando o venres, nesa xornada as casetas abriranse ás 19:00h e celebrarase a inauguración. A programación completa da XXX Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón é a seguinte:

Venres, 9 de maio:

  • 19:00h Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida por Juanjo Figueroa, sumiller e presidente de AGASU, en colaboración con Manuel Fernández, xerente do restaurante Manuel Bistró e Vinosacra.
  • 20:30h Inauguración XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón por dona María José Gómez Rodríguez, conselleira do Medio Rural.
  • 20:40h Actuación da charanga Louband e Tukupá Batukada
  • 00:30 Actuación do grupo musical, Bafana Bafana

Sábado, 10 de maio:

  • 12:00h Experiencia sensorial, “Cata Pantón, as tres ribeiras”, dirixida polo enólogo, David Pascual, en colaboración con Vinosacra
  • 13:30h. Brinde Día Movemento Viño D.O. no campo da feira, brinde simultáneo en todas as D.O. de España.
  • 14:30h. VIII Festa da Empanada no recinto do Castro.
  • 23:00h. Música a cargo da Orquestra Galilea

Domingo, 11 de maio

  • 12:00 Recepción de autoridades no recinto feiral
  • 13:00 Pregón da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de Don Marcial Mouzo Vidal, comunicador da TVG e da RTVG
  • 19:00 Actuación da orquestra Gran Parada

As catas e experiencias sensoriais relacionadas con viños de Pantón serán outro punto forte desta edición onde a música terán tamén un protagonismo especial. Tanto o sábado como o domingo contarase ao longo de todo o día coa ambientación musical de charangas e batucadas, como Leña Verde e Baturruka Monforte. Para facilitar a participación da xente haberá servizo de autobús con Monforte e Escairón, un servizo cada vez máis demandado do que próximamente se darán a coñecer os horarios.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, facía referencia ao carácter familiar desta cita que moita xente orixinaria de municipio aproveita para volver a visitar, “Nesta ocasión contaremos con 3 días de actividades ao redor do viño, ampliamos así a Mostra, atendendo á demanda das adegas. Pero Pantón é máis que viño, tamén somos auga co balneario, Augacaída ou os nosos tres ríos; somos románico, paisaxe, gastronomía, tradición e moita festa de amigos e familia. Esperámosvos para desfrutar de Pantón e dos viños das nosas adegas, non só durante estos 3 dias, se non todo o ano”, concluía, José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...