HomesociedadeO 7 e 14 de maio Quiroga acolle unhas xornadas sobre prevención...

O 7 e 14 de maio Quiroga acolle unhas xornadas sobre prevención e envellecemento saudable

AFAMON (Asociación de Familiares de persoas con Alzhéimer, outras demencias e enfermidades neurodexenerativas de Monforte), en colaboración co Concello de Quiroga, organiza unhas xornadas divulgativas e formativas sobre ‘Prevención e envellecemento saudable’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura os días 7 e 14 de maio entre as 17:00 e as 19:00h. Na xornada do 7, Verónica López Álvarez, médico especialista en medicina familiar e comunitaria no PAC de Quiroga, tratará o tema “Prevención e factores de risco nas enfermidades neurodexenerativas”; mentres o dia 14 intervirá Laura Ramos Rúa, neuróloga do HULA, quen expoñerá as diferenzas entre o “Envellecemento normal e o patolóxico”.

Aínda que as xornadas teñan un interese e utilidade principal para persoas coidadoras, resultarán moi interesantes para toda a veciñanza co cal a asistencia é libre e aberta a toda a sociedade.

Dende AFAMON explican que os aspectos tratados están relacionados coa realidade actual das demencias neurodexenerativas. Por unha parte, a enfermidade de Alzheimer así coma outras demencias neurodexenerativas non teñen cura, pero nalgúns casos si que podemos previr ou cando menos atrasar á súa aparición intervindo sobre determinados factores que aumentan ou diminúen a probabilidade de padecer estas enfermidades. Por outra parte, é importante coñecer e saber diferenciar cales son os síntomas iniciais dunha demencia neurodexenerativa para non confundilos cos do envellecemento normal e que poden ser propios da idade avanzada. Deste xeito, poderemos decidir se é conveniente acudir a un especialista para obter un diagnóstico.

Estas xornadas contan tamén coa colaboración de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia) e están financiadas pola Consellería de Sanidade.

O concelleiro, Xosé Manuel Fernández, dende a Concellería de Servizos Sociais, e en nome do Concello de Quiroga, anima a participar nas charlas ás traballadoras e traballadores do sector asistencial e ás familias, agradecendo ademais a implicación da entidade AFAMON por tan interesantes xornadas que “axudarannos a todas e todos a concienciarnos, a entender mellor as demencias neurodexenerativas e a saber como afrontalas”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...