HomesociedadeCampaña do Día da Nai no CC Ponte Vella de Ourense

Campaña do Día da Nai no CC Ponte Vella de Ourense

Sorterán 2.000 euros entre os clientes que fagan compras por 20€ ou máis entre os días 2 e 4 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ponte Vella Centro Comercial sortea entre todos os seus clientes 2 tarxetas de 1.000€ co gallo do Día da Nai.

Poderán participar aqueles clientes que dispoñan dun ou varios tickets de calquera establecemento cuxa suma de importes sexa 20,00 euros ou máis, correspondentes a compras realizadas entre o 2 e o 4 de maio. Poderase participar tantas veces como múltiplo de 20 sexa o importe total da suma dos tickets de compra (ata un máximo de 5 participacións).

Os tickets de compra poderán ser validados no Punto de Información do Centro Comercial do 2 ao 4 de maio, en horario de dez da mañá a once da noite, e para participar na promoción encherase un boleto cos datos do cliente que despois será depositado nunha urna.

Realizarase un sorteo ante notario no que de forma aleatoria seleccionaranse os 2 boletos gañadores.

As bases ao detalle están na web do establecemento comercial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...