HomesociedadeSarria chega aos 8 graos baixo cero

Sarria chega aos 8 graos baixo cero

As xeadas chegaron con forza ao sur de Lugo. A cidade de Sarria liderou a baixada de temperaturas deste sábado 5 de xaneiro, véspera de Reis.

Publicado o

- Advertisement -

O sur de Lugo ergueuse esta mañá cuberto de branco. As baixas temperaturas e a presenza de xeadas xa se fixo notar co cal a entrada do inverno xa non deixa lugar a dúbidas.

A cidade de Sarria liderou a baixada do termómetro chegando a 8 graos baixo cero, tendo por detrás a Bóveda e Láncara con menos 7 e xa Monforte de Lemos, Pantón, Ribas de Sil e Paradela con 5 graos negativos.

Como curiosidade temos a Folgoso do Courel coa temperatura mínima en 3 graos, a única localidade do sur de Lugo que non baixou do temible cero.

Fermosas estampas brancas nun día frío de inverno que anticipa a chegada dos Reis Magos que xa poden vir ben abrigados para as cabalgatas desta noite. Aconséllase a todos os asistentes ás mesmas que leven roupa de abrigo e que recurran a bebidas quentiñas para entrar en calor se o precisan.

Follas xeadas. Foto: Barucho

Fonte das temperaturas: Meteogalicia

ÚLTIMAS

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...