HomesociedadeComeza en Sarria a oitava edición de 'Expocidades', a feira de turismo...

Comeza en Sarria a oitava edición de ‘Expocidades’, a feira de turismo organizada polo Eixo Atlántico

A ampla e variada programación do evento que se alongará ata o domingo 4 de maio inclúe degustacións enogastronómicas, obradoiros ou artesanía en vivo, e moitas outras actividades dirixidas a todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza da Vila de Sarria acolleu este venres 2 de maio a inauguración oficial da VIII Feira de Turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, que se celebra na vila lucense do 2 ao 4 de maio. O acto inaugural, presentado pola concelleira de Turismo, Reyes Abella, contou coas intervencións de Claudio Garrido, alcalde de Sarria, Luís Nobre, presidente do Eixo Atlántico, e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico. Tamén participou na apertura a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio, e Turismo, Pilar García Porto.

A Deputación de Lugo está presente cun stand propio desde o que promociona os principais atractivos turísticos da provincia. Neste sentido, García Porto afirmou que “a presenza da institución provincial nesta mostra encádrase nunha serie de eventos nacionais e internacionais orientados á promoción dos recursos turísticos da provincia”.

A Deputada destacou tamén que Expocidades coincide coa tradicional Feira de Antigüidadesde Sarria, “o que permitirá atraer a milleiros de visitantes durante esta ponte de maio, reforzando o papel de Sarria como punto de encontro turístico e cultural”.

EXPOCIDADES, UN INTERCAMBIO ENTRE O NORTE DE PORTUGAL E GALICIA

Expocidades é un evento organizado polo Eixo Atlántico, co obxectivo de promover o turismo de proximidade e fortalecer o intercambio cultural e o desenvolvemento turístico sostible entre os territorios de Galicia e o Norte de Portugal, convertendo Sarria durante tres días nun escaparate da diversidade e do patrimonio común.

A feira, que conta coa presenza de preto dunha trintena de concellos, actúa como escaparate da diversidade e dos recursos dos dous territorios, poñendo en valor o seu patrimonio, tradicións e gastronomía, e consolidándose como unha plataforma para fortalecer os lazos culturais e a cooperación transfronteiriza.

MOITAS E VARIADAS ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS

A oitava edición Expocidades ofrece unha ampla e variada programación que inclúe degustacións enogastronómicas, obradoiros ou artesanía en vivo, e moitas outras actividades dirixidas a todos os públicos. Ao longo da fin de semana, celebraranse tres visitas guiadas centradas no Camiño Francés, nas antigüidades, e na figura do afamado chocolateiro sarriá, Matías López. Un dos espazos destacados será a cata exclusiva de viños galegos e portugueses, prevista para este sábado 3 de maio, na que participarán enólogos das dúas rexións.

Para o público infantil, haberá propostas como obradoiros de chocolate, espectáculos de maxia e actividades creativas centradas na elaboración de instrumentos con elementos naturais. Os adultos, pola súa banda, poderán participar nun obradoiro de baile tradicional galego. A música tamén terá un papel protagonista, con concertos e actuacións para todos os gustos, incluíndo un tributo a ABBA, o concerto da banda local Louband e a participación do grupo sarriá Clarisaxos.

Programación completa AQUÍ.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...