HomesociedadeFormación universitaria para maiores de 50 anos en Monforte

Formación universitaria para maiores de 50 anos en Monforte

O prazo de inscrición para unha nova edición do programa universitario “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” está aberto ata o 15 de maio. A inscrición pode realizarse na Biblioteca Municipal en horario de mañá ou de tarde e o programa dos cursos é froito do acordo entre o Concello de Monforte e a Universidade de Santiago de Compostela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa formativo leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, non sendo necesaria ningunha formación previa específica.

José Tomé salienta que “trátase dun programa, que xa celebramos dende o ano 2020, cun gran éxito de participación nas 5 edicións celebradas, e con el  garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos. Polo tanto, entendemos que a través  deste proxecto favoreceremos o achegamento do coñecemento á poboación maior do noso Concello, o que incidirá na mellora da súa calidade de vida e a súa participación social real nos ámbitos rural e urbano”.

Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición gratuíta neste programa acudindo á Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de mañá e tarde. O prazo permanecerá aberto ata o 15 de maio.

O Alcalde de Monforte convida a todos os monfortinos e monfortinas, de máis de 50 anos, a inscribirse nos distintos seminarios e aproveitar unha nova oportunidade de ampliar coñecementos e compartir experiencias con outras persoas dunha forma cómoda e gratuíta.

O programa con todas as actividades que se ofrecen está na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...