HomesociedadeO 8 de maio bota a andar o Club de Emprendemento Ribeira...

O 8 de maio bota a andar o Club de Emprendemento Ribeira Sacra

A cita de 10:30h a 13:00h no Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos, na Av. Galicia, 52

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 8 de maio, ponse en marcha o Club de Emprendemento Ribeira Sacra, un espazo de encontro pensado para persoas emprendedoras (ou con ganas de selo), empresas, entidades sociais e todas aquelas persoas que apostan polo emprendemento como motor de dinamización rural na nosa comarca.

A xornada estará conducida por Ana Adán, e incluirá dinámicas participativas, momentos de reflexión compartida e propostas colectivas para deseñar o futuro do club entre todas as persoas participantes. Unha opotunidade para coñecer outras persoas emprendedoras da comarca, compartir ideas, inquedanzas e experiencias, e impulsar novas sinerxías e proxectos no rural. Inscricións neste enlace.

Programa

10:30– 10:45 | Recepción
Benvida informal e primeiros saúdos. Recollida de nomes e entrega de materiais.
10:45 – 11:30 | Presentacións
11:30 – 12:30 | Dinámica: “Que é para nós un club de emprendemento?”
Soñamos en voz alta:
Que imaxinamos?
Que nos gustaría atopar?
Que cousas evitaríamos?
12:30 – 13:00 | Dinámica: “Propostas de futuro”
Que podo ofrecer ao club?
Que me pode ofrecer a min?
Como nos organizamos? Cando será o próximo encontro?
Peche final: Acordo para próximo encontro.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...