HomesociedadeO CEIP de Quiroga celebra en maio o 'Galemés'

O CEIP de Quiroga celebra en maio o ‘Galemés’

Será un mes dedicado ao galego onde as crianzas poderán gozar das actividades preparadas arredor da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante estas semanas o CEIP de Quiroga, a través dos diferentes proxectos cos que traballa como o Documental Integrado “Territorio Artesán”, organizará obradoiros de música tradicional e movemento a cargo de Outonía Cooperativa, obradoiros de creación de instrumentos artesanais coa Fundación Legar, asistirá ao teatro coa obra ‘Catro Monos’ (en colaboración co Concello de Quiroga), gozará dun concerto a cargo do grupo ‘Migallas’ e recibirá a visita dunha das súas autoras de referencia, Celia Díaz Núñez, que presentará á cativada o seu novo libro “A avoa canta coma a cotovía”.

“Queremos que este mes sexa unha celebración continua, pero tamén fomentar o uso da nosa lingua entre toda a comunidade educativa, coma o resto do curso pero con accións máis enfocadas a que o alumnado sexa un axente importante neste cambio”, comentan dende o centro de ensino quirogués.

Ademais, durante este mes de maio os préstamos na Biblioteca serán só en galego e comezouse coa iniciativa “Patios en galego”, co obxectivo de aumentar a curiosidade e a motivación polo seu uso. “Somos un centro rural pero no que o galego apenas se escoita no patio”, din.

O lema “Eu falo, eu sinto en galego” xa acompaña a todos os nenos e nenas do centro nunhas chapas que repartiron para inaugurar o “Galemés”, unha iniciativa á que se está a unir a Mesa pola Normalización Lingüística mandando material para o fomento do uso da lingua galega.

Ceip Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...